Onte foi noticia...
... que un señor ía torturar un touro ante o beneplácito e a mirada complacente do público, medios de comunicación, patrocinadores e o propio xefe do estado. Curioso que dende os medios de comunicación e máis en concreto dende os noticiarios se lle dé bombo e platillo a tan atroz acontecemento.
Ogallá chegue o día no que se nos fale da "Festa Nacional" como do que realmente é: Unha matanza consentida. Unha tortura brutal.
Hoxe ilustramos con El Roto:
Touros si. Tauromaquia Non.
0 comentarios